TPL_OBSERVATORIO_AL_DETALLE

Accesibilidade

IGAPE procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da web sexa independente dos dispositivos físicos e navegadores web empregados para tal fin, codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto, e accesibles para navegadores adaptados a persoas con minusvalías ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.


O contido está en formato XTML  - unha linguaxe de composición de hipertexto, estándar aberto desenvolvido e recomendado polo W3C, o Consorcio da Web.


Os elementos que constitúen o contido (imaxes, texto, estruturas, ligazóns) están escritos conforme ao nivel de prioridade A de as Directrices de Accesibilidade para Contido Web do W3C.


Empréganse follas de estilo (CSS , outro estándar do W3C) para asignar os formatos de presentación e para distribuír nas páxinas os contidos e as ligazóns.


Recoméndase utilizar as versións máis recentes de navegadores tales como Mozilla Firefox, Netscape Navigator, Opera, Konqueror, Internet Explorer, Safari, etc.


A Unión Europea, na resolución do Consello de 25 de marzo de 2002, anima aos Estados membros a ter en conta a necesidade de que os contidos dixitais sexan accesibles e, seguindo esta recomendación, a Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, dispón que as Administracións públicas adoptarán as medidas necesarias para que a información dispoñible nas súas respectivas páxinas de Internet poida ser accesible a persoas con discapacidade e de idade avanzada, de acordo cos criterios de accesibilidade ao contido xeralmente recoñecidos, antes do 31 de decembro de 2005.


En coherencia con este obxectivo, o deseño da web do IGAPE realizouse tendo en conta as recomendacións de accesibilidade para o primeiro nivel de prioridade das directrices WAI (Web Accessibility Initiative) do W3C.


Se vostede atopa algunha dificultade para acceder ao contido ou para entendelo, por favor comuníquea a través do formulario que lle atenderemos