TPL_OBSERVATORIO_AL_DETALLE

Xornada: Como calcular os prezos de exportación e como saber a rendibilidade que se obtén? Estratexia de prezos e configuración de tarifas.

Este taller de oito horas de duración (9:00 a 14:00 h. e de 15:30 a 18:30 h.) está dirixido a pemes fundamentalmente produtivas, con ou sen experiencia consolidada, para que dominen todos os elementos relativos á construción do prezo, o seu cálculo e a determinación da rendibilidade correspondente. Deste modo, estarán en condicións de configurar unha tarifa e unha estratexia de prezos diferenciais.

Os asistentes terán acceso a unha ferramenta de cálculo de prezos de internacionalización, especialmente válida para pemes, que permite vender en diferentes cláusulas de posta a disposición do cliente, dende as posicións franco fábrica ata as de posta na casa do cliente, para poder establecer a súa estratexia de prezos completa.

Contidos

1. O prezo
2. Os elementos do prezo. Como xogan
3. A configuración do prezo de exportación
  Prezo franco fábrica e cadea de prezos equivalentes
  Marxes e custos
  Rendibilidade obtida
4. Como posicionarse e saber o resultado
5. A ferramenta de cálculo de prezo. Como usala
6. Os demais ingredientes da política de prezo
  Especial mención aos medios de pagamento
  Como evitar os non pagamentos
7. A construción dunha tarifa
  Descontos e rappeles
8. Como responder a peticións de oferta de orixe descoñecida

Relator: XESÚS ALBIZU SORIANO

Experto en internacionalización.
Licenciado en Ciencias Empresariais e Administración de Empresas pola Universidade de Deusto, Postgrao na Universidade de Minnesota (USA) e Goteborg (Suecia). Experto en Economía Internacional. Especializado en deseño de metodoloxías para a internacionalización de pemes, con experiencia en deseño de programas e execución destes en 17 países. Relator en máis de 150 foros ou seminarios, con intervencións frecuentes como profesor invitado en cursos e programas relacionados coas pemes e o comercio exterior. Asesor de diferentes Gobernos e Institucións para o desenvolvemento das políticas de promoción da internacionalización de pemes.

Se algunha empresa está interesada en participar nesta acción formativa, pode confirmar a súa asistencia no seguinte enlace http://goo.gl/b80mi5 a través da web www.ceo.es ou ben enviando un correo electrónico cos seus datos á conta Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Síguenos