Al detalle

Misión tecnolóxica en Israel, do 14 ao 17 de novembro, para empresas de tecnoloxías limpas

As empresas galegas das denominadas tecnoloxías limpas -xestión hídrica, enerxias alternativas, eficiencia enerxética e solucións medioambientais- que desexen participar na misión tecnolóxica e empresarial a Israel que se desenvolvera do 14 ao 17 do proximo mes de novembro, no marco da  6ª Mostra Internacional e 3ª Conferencia Internacional sobre Tecnoloxías Hídricas, Enerxía Renovable e Control Medioambiental, poden poñerse en contacto coa Cámara de Comercio e Industria de España e Israel ( http://www.hispanoisraeli.com/ ).
 
A misión tecnolóxica a Israel, na que colabora o Igape no marco da Enterprise Europe Nertwork, inclúe a participación activa dos empresarios galegos inscritos en WATEC Israel 2011, o principal evento do sector das tecnoloxías limpas neste país  e unha das feiras destas características máis importantes do mundo.
 
Watec Israel constitúe un privilexiado escaparete internacional das tecnoloxías, produtos e servizos deste sector, polo que é tamén unha oportunidade perfecta para coñecer a empresas en crecemento
dedicadas á xestión da auga, enerxía ou medio ambiente que andan á procura de socios, investimentos ou servizos profesionaìs para desenvolver os seus proxectos.

Fuente: Watec-Israel.com

Síguenos