You are here:O Observatorio >Ámbito de observación
TPL_OBSERVATORIO_AL_DETALLE

Ámbito de observación

altLocalizada no Noroeste da Península Ibérica, a Eurorrexión formada por Galicia e o Norte de Portugal é un espazo de forte interrelación social, económica e cultural, cheo de oportunidades e cun gran potencial de desenvolvemento futuro. O territorio constituído polas dúas rexións ocupa unha superficie total de 51.000 Km2 (Galicia 29.575 e Norte de Portugal 21.284) e concentra unha poboación de 6,4 millóns de habitantes (Galicia 2.796.089 e Norte de Portugal 3.745.439), o que se traduce nunha densidade de poboación de 125,8 hab/Km2

No que respecta á dinámica de actividade e emprego na Eurorrexión, esta concéntrase principalmente no sector servizos (57,1%), na industria e construción (32,7%) e no sector primario (10,2%) (datos IGE 2009).

Unha das variables que mellor traduce a influencia da conxuntura económica na calidade de vida da poboación é, sen dúbida, a taxa de desemprego en torno ao 11,7% (datos IGE 2009). Neste ámbito, ambas as rexións benefícianse de niveis de desemprego menos gravosos que as respectivas medias nacionais.


Cabe destacar que o tráfico medio diario de vehículos pesados e lixeiros por esta zona fronteiriza, supón o 49% de todos os intercambios existentes ao longo de toda a fronteira entre España e Portugal.

En suma, este breve escenario caracterizador dos dous espazos que constitúen a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal asume un carácter de forte complementariedade pero, simultaneamente, converte a este espazo nunha plataforma territorial fortemente competitiva nun contexto de crecente globalización e internacionalización da economía.

Agenda
September 2017
M T W T F S S
28 29 30 31 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 1
Próximos eventos
No events
Síguenos